A obra teatral “O Maior Xenio do Mundo” é un desafío interpretativo que obriga ao público a confrontarse coas aventuras e desventuras, cos amores e desamores, coa lucidez e a loucura… Unha historia fascinante onde o mito se revela no home e onde o home humaniza os seus mitos. A vida é obra interpretada como el mesmo contou. Unha mente fóra do seu tempo que se entregou, desde moi cedo, aos seus desexos e non vacilou en gozar intensamente de todos os camiños...”Vivín co engado da primeira vez e a intensidade da entrega da última vez”... Un ser humano que asumiu a grande aventura de estar vivo, con todos seus puntos positivos e negativos, protagonizado polo actor, director, produtor e autor teatral Eisenhower Moreno.
O Espectáculo posúe unha hora de duración, con grandes efectos sonoros, unha coidada iluminación e un vestiario impecábel. “O MAIOR XENIO DO MUNDO”, 1:05 de espectáculo, 285 cambios de efectos de luz, 44 tracks na banda sonora, 1 actor, 1 técnico de son, luz e axudante de vestiario, 7 personaxes no escenario, 20 personaxes en voz off interpretadas polo propio Eisenhower Moreno, 17 cambios de vestiario, 6 perucas, son os números da súper produción teatral que o actor, director, autor e produtor teatral Eisenhower Moreno.