A vida media dunha mosca vai dos 15 aos 25 días. Nese tempo é imposible que establezan un fogar, que conformen unha familia, que creen vencellos cos que enraizarse á súa orixe. O único posíbel é voar e voar cara a ningures coma expatriadas dunha Ítaca á que xamais volverán regresar.
Exilio Das Moscas é un proxecto cunha clara dimensión performativa e posdramática, vinculado ao teatro físico e ás linguaxes escénicas e audiovisuais, que pon sobre as táboas unhas temáticas de total actualidade: as migracións, o feminismo, o racismo, os abusos de poder, a guerra, as raíces e a sátira política.
Teas, maletas, fotografías en branco e negro, soldados de xoguete, roupas de época e outros elementos do imaxinario do exilio toman unha nova calidade e un novo sentido nesta proposta