Nun contexto onde os nosos dereitos actuais son postos en dúbida, o medo a ser un mesmo condiciona a nosa maneira de relacionarnos. Debido a isto, os relatos dos disidentes, de todas as persoas que viviron ao marxe da sociedade, deben poñerse no foco para dar voz ao cambio. Evitando así perpetuar patróns que afectan directamente á nosa realidade actual onde as voces individuais son caladas constantemente polo ruido das masas e o consumismo, que nos dicta qué facer. A procura da aceptación xera en nós frustración e violencia, perturbando así a maneira na que entendemos o amor.
En Outrora Nós, viaxamos ao pasado para atopar respostas do noso presente, investigando os diferentes tipos de violencia a través da linguaxe corporal.