La Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública é unha asociación cultural sen ánimo de lucro constituida en febreiro do ano 2000, en convenio de Colaboración co INAEM (Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música), Ministerio de Educación Cultura y Deportes.
Actualmente La Red Española de Teatros conta con 183 asociados. Trátase de espazos de exhibición de artes escénicas de titularidade pública de todo o territorio nacional. Dentro desta cifra inclúense os principais teatros e auditorios do país. Ademáis de 15 redes e circuitos de artes escénicas das comunidades autónomas e provinciais que asemade aglutinan os seus espazos dependentes. Polo que La Red reúne máis de 1000 espazos de exhibición públicos.
A nosa misión é:
Impulsar o sector das artes escénicas e da música, facendo máis accesible a toda a poboación. Traballamos na consolidación das estruturas públicas de exhibición e produción, garantizando unha oferta escénica de calidade, plural e diversa. A nosa asociación xera un espazo de reflexión, impulsando a formación, a investigación e as novas tecnoloxías, para convertir os teatros en organizacións eficaces, eficientes e innovadoras.
A nosa visión é:
Posicionarnos como interlocutor necesario no sector das artes escénicas e da música, non só no ámbito nacional, senón tamén no internacional. La Red desea convertirse no principal catalizador do coñecemento, a información e as aspiracións dos axentes que intervén na creación, na exhibición, na distribución e a comunicación, colaborando na xeración de ideas e de políticas culturais que vertebren e melloren o sector.
Valores
Creatividade, accesibilidade, transparencia, innovación, investigación, eficacia, diversidade, pasión.
La Red É membro da IETM-International Network for Contemporary Performing Arts (Rede Internacional das Artes Escénicas Contemporáneas), unha organización cuxo obxectivo é promover o desenvolvemento das artes escénicas nun entorno global e poñer en valor o papel das artes escénicas como piar do desenvolvemento social, cultural e económico. A súa misión é facilitar a creación de redes profesionais e de comunicación, o intercambio dinámico de información e a transferencia de coñecementos entre todos os axentes das artes escénicas a nivel internacional.
IETM integra a máis de 500 organizacións de 50 países de todo o mundo, especialmente en Europa
Asamblea Xeral
É o órgano supremo que tutela e decide mediante deliberacións e votacións o funcionamento e organización da Asociación. A Asamblea Xeral está composta polas institucións xestoras de carácter público de todos os teatros, auditorios, circuitos e redes, membros da Asociación en cada momento, que actúan nAsamblea Xeral a través de representantes -con delegación expresa- dos órganos de goberno competentes destas institucións xestoras.
Xunta Directiva
A Xunta Directiva está formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e ata cinco Vocais. Ningún dos cargos que compoñen a Xunta Directiva está retribuído. A Asamblea Xeral elixe aos membros da Xunta Directiva, e os propios membros da Xunta Directiva deciden o reparto dos cargos. Todos os cargos están vinculados á institución pública a quen representan na Asamblea Xeral. Por isto, cando unha persoa física, integrante da Xunta Directiva, perda a súa condición de representante da institución pública correspondente na Asamblea Xeral, perderá tamén a súa condición de cargo da Xunta Directiva, sendo cuberta a súa vacante dacordo co establecido nos Estatutos.
A Xunta Directiva da Asociación é o órgano que representa, coordina e administra a Asociación, en relación coas atribucións que lle outorgan os Estatutos e as actividades encomendadas pola Asamblea Xeral, organizando ás súas tarefas e reparto de funcións dacordo co modo que estime máis conveniente para conseguir o máximo de eficiencia.
Oficina de Xestión
Funciona como un órgano profesionalizado de xestión sen carácter directivo, creada para o soporte administrativo, de información e coordinación da Asociación.
Presidente
Laboratorio de las Artes Valladolid (LAVA)
Tlf.: 983 426 246
jherrero@fmcva.org
Vicepresidenta
Teatro Principal Antzokia de Vitoria
Tlf.: 945 161 274
teatro@vitoria-gasteiz.org
Vicepresidenta
Barakaldo Antzokia
alopezasensio@barakaldo.org
Secretaria
Consorcio Cultural Albacete
Tlf.: 967595300 Ext. 43602
ma.garcia@dipualba.es
Tesorero
Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida
Tlf.: 924009480
pedro.blanco@festivaldemerida.es
Vocal
Teatros Mpales. del Ayuntamiento de Murcia: Teatro Romea, Teatro Circo Murcia y Teatro Bernal
teatrocircomurcia@ayto-murcia.es
Vocal
Dansa València
propuestas.dansavalencia@gmail.com
Vocal
Teatro Rosalía Castro de A Coruña
x.rodriguez@coruna.es
Vocal
Auditorio de Galicia
direccion@auditoriodegalicia.org
Vocal
Teatro Chapí de Villena
Tlf.: 965814750
pacoflor@villena.es